por Rosa Meis
O pasado venres 19 de
Febreiro no noso Centro de Día Amencer de Campolongo, celebramos o entroido
como facemos os de Campolongo enchendo o papo. Eso sí, todo hipocalórico da
terra que hai que coidarse. Este ano por suposto cumprindo as normas de
seguridade, pero a pesar da distancia nós sempre estamos unidos.
Todos somos de bo dente, esta vez ninguen puido resistirse a unha rosca que estaba boísima, nin as filloas da nai de Suso o meu compañeiro, nin as de outro familiar de Meis. Pero o prato estela foron os chourizos, os do Raposo a carnicería de o Mosteiro en Meis.
Entre risas e bromas pasamos unha boa mañan, pero inda quedamos coas ganas da filloca, filloas con café do equipo de cociñeiros, Esteban, Diego e David que sempre nos deixan coas ganas. Seguiremos intentando que collan a tixola polo rabo e a ver si non temos que esperar o antroido do ano que ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario