miércoles, 7 de abril de 2021

ENTROIDO EN CAMPOLONGO

                                                                                    por  Rosa Meis

O pasado venres 19 de Febreiro no noso Centro de Día Amencer de Campolongo, celebramos o entroido como facemos os de Campolongo enchendo o papo. Eso sí, todo hipocalórico da terra que hai que coidarse. Este ano por suposto cumprindo as normas de seguridade, pero a pesar da distancia nós sempre estamos unidos.

Todos somos de bo dente, esta vez ninguen puido resistirse a unha rosca que estaba boísima, nin as filloas da nai de Suso o meu compañeiro, nin as de outro familiar de Meis. Pero o prato estela foron os chourizos, os do Raposo a carnicería de o Mosteiro en Meis. 

Entre risas e bromas pasamos unha boa mañan, pero inda quedamos coas ganas da filloca, filloas con café do equipo de cociñeiros, Esteban, Diego e David que sempre nos deixan coas ganas. Seguiremos intentando que collan a tixola polo rabo e a ver si non temos que esperar o antroido do ano que ben.